Digamel incopora a dous novos titulados dentro do Programa “Profesionais 4.0”
Digamel acaba de incorporar á sua plantilla nos seus centros de Vigo e Pontevedra dous novos titulados entorno ao programa Profesionais 4.0.
O proxecto está cofinanciado polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e conta coa colaboración da Unión Europea, a Xunta de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).
O obxectivo é promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral. Estas axudas buscan a incorporación, titorizada e con garantías de formación, de novos titulados universitarios e de formación profesional ás empresas ou a outras entidades de soporte, para realizar traballos que melloren as capacidades do tecido empresarial.
Os titulados incorporados á nosa plantilla traballarán nos proxectos de dixitalización da empresa e incorporación efectiva da tecnoloxía.
A prestación destes servizos supón una importante oportunidade para incrementar a formación teórico-práctica, xa que as persoas contratadas, ademáis da formación teórica, rematarán a súa formación práctica mediante a participación potencial nos diversos proxectos nos que participe na empresa. A dedicación intensiva nestes proxectos de mellora incrementará as súas posibilidades de éxito e de incorporación efectiva dos resultados do proxecto á operativa diaria de DIGAMEL.